![]() |
Dende 1970 servindo o mellor café de Maside. Lugar de encontro para xóvenes e adultos, onde poderás disfrutar e degustar todo tipo de copas e bebidas. Sempre o teu servicio en: CL Principal, 100 - 32570 Maside - Tlf: 988 28 83 88 |
CURIOSIADES HISTÓRICAS DO CAFÉ
Conta e lenda que atopándose Mahoma conturbado por tantas preocupaciós que lle asaltaban, Alá -compadecido por o estado de ánimo do profeta- envióulle un remedio 'escuro como a misma pedra negra da Kaaba'. Esa infusión prodúxolle no ánimo un efecto tan vivificador, que pasou a coñecerse co término de "gahwa", que en árabe signica 'enerxético, excitante e vigorizador', cualidades que siguen caracterizando o cafe dos nosos días. Na sociedade turca do século XVII, o café tiña unha gran importancia. A vida social facíase ó redor das cafeterías e na corte do sultan había grandes especialistas na preparación do cafe. A demanda superaba con moito a oferta e o arraigo foi tal, que os turcos prometían as suas futuras mulleres que nunca lles faltaría café. De feito, negarllo durante o matrimonio significaba prácticamente a petición do divorcio.
En 1683, acabado o sitio de Viena, os turcos retrocederon derrotados, abandoando no campo de ballata unha gran cantidade de café. Foi entón cando os austríacos aprenderon a degustar a perfumada bebida e empezaron a abrir as primeiras cafeterías, onde o café servíase acompañado por uns dulces en forma de media lua, chamados "Kiftel", para celebrar a victoria sobre os turcos invasores. Cando o emperador do Brasil quixo cultivar café no seu territorio, os franceses prohibíronlle as suas colonias a exportación das plantas e sementes. O monarca brasileño envióu ó seu embaixador Francisco de Melho Palheta a Guayana para intentar romper ise veto. Ainda que o fracaso da negociación foi rotundo, o seu encanto persoal consiguiu cautivar a muller do gobernador. Así, cando se dispoñía a marchar sin que consiguira o seu propósito, recibiu un gran ramo de frores. No medio do mesmo, ben escondido e xunto a unha nota da muller do gobernador, atopóu unha fermosa planta de café. Cóntase que, en certa ocasión, no célebre café Procope de París -ligado a historia por a sua vinculación con episodios revolucionarios, artísticos e literarios- un xoven militar corso -entón descoñecido- tivo que deixar o seu sombreiro en prenda como fianza por non ter os centavos suficientes para pagar o café que se tomara. Cando anos mais tarde se convirtiu no emperador, Napoleón Bonaparte chegóu a tomar mais de vinte tazas de café ó día. |